Bienvenidos a Lims de Amigos Sin Fronteras, a web dos alumnos e alumnas que participan no proxecto Abalar do Colexio Salesiano San Juan Bosco da Coruña.

Neste Blog educativo, pretendemos introducirnos un pouquiño nas posibilidades que nos abre o mundo da internet.

Esperamos que pasedes un bo rato lendo os nosos libros dixitáis.

Se queredes deixar as vosas opinións sobre o blog podedes mandar un e-mail a: amigos.s.fronteras@gmail.com; ou ben entrar na sección "Dejanos aquí tú opinión del blog" y dejar un comentario.

Moitas Gracias

Salesianos Coruña:Televisión Online

Watch live streaming video from salesianoscoruna at livestream.com

sábado, 3 de marzo de 2012

5ºA na Praia do Orzán

                                         

  Chámome Carmen. Teño dez anos e estudo quinto curso de primaria na escola Salesianos da Coruña.
  Hoxe é un día moi especial porque vou con todos meus compañeiros a pasar o día na Praia do Orzán.
  Teño a mochila preparada con todo o necesario: unha toalla, un par de bañadores e unhas chanclas.
   Antes de saír da casa untareime de protector solar para non queimarme. 
Ben, meu pai lévame a escola a primeira hora. Estou moi contenta porque xa saíu o sol e non hai ningunha nube no ceo.
   Xa estamos todos xuntos e a maioría dos nenos levan un balón.
   Imos ir dando un paseo pero terei que correr se quero conquerir un bo lugar na area.
   A maioría dos nenos xogan ao fútbol e cando marcan un gol abrázanse para celebralo. O porteiro deulle unha gran patada e a pelota chegou ao mar, alonxouse coa corrente e pouco a pouco deixamos de vela.
   Algúns nenos estánse bañando e outros compiten nadando. Eu xogo coas miñas amigas a saltar as ondas e rímonos moito cando algunha cae.
   Despois de comer e tomar un pouco o sol, cando estamos todos sacudíndonos as areas, chegou a lancha da Cruz vermella coa pelota que se levou o mar.
    Contáronnos os resgos que ten o mar e enseñáronnos os primeiros auxilios e o que fan cando un neno se corta o pé con algún cristal.
    Recollimos as nosas cousas e limpamos un pouco a praia antes de irnos.
    Chegamos ao colexio cansados pero pasáramos un día xenial.
                                     ¡¡¡TEMOS QUE REPETILO!!!
                                                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario